Voluntariado ambiental para a construción dunha charca

Actividade de Adega este sábado 13 na Eira da Xoana.

A través do proxecto ‘Charcas con Vida’, o colectivo ecoloxista Adega convoca unha xornada de voluntariado ambiental para a construción dunha charca didáctica na Eira da Xoana (Ramil, Agolada), onde Adega posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus obxectivos achegar a cidadanía galega ao medio rural. A charca quedará como un recurso máis da oferta educativa da Eira da Xoana.

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Por iso a creación dun pequeno humidal favorece a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais.

O voluntariado contará con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela, e xantar. Se queres participar contacta co local nacional de Adega (981 57 00 99), no móbil 649 611 508, ou no correo lucia@adega.info. O proxecto Charcas con Vida conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de investigaçao em iiodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*