Folkoteca Galega

Espazo web colaborativo para a peneira do repertorio tradicional galego.

Veñen de comunicarnos do abrollo deste sitio web para a difusión da cultura musical tradicional galega. Segundo contan, na primeira fase do proxecto estanse a publicar partituras dixitais de repertorio tradicional galego e exercicios para o aprendizaxe de diferentes instrumentos musicais.

A Muiñeira de Trasmonte, A Balastreira, A Jota de Carelle, O Valse de Vilar do Mato, O Pasarrúas do Seixal, O Valse do Coxo, A Jota de Outeiro… Son algunhas das últimas pezas subidas á Folkoteca. Trátase dunha iniciativa sen ánimo de lucro para facilitar a aprendizaxe e divulgación neste eido e os promotores convidan a quen queira a participar no proxecto.

FolkotecaGalega

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a GYC Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*