O alumnado da Escola de Arte Dramático danos a coñecer a súa creatividade plástica.
Os alumnos e alumnas de Escenografía da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia queren dar a coñecer a súa obra plástica como escenógrafos/as dentro das materias que engloban os seus estudos superiores de Arte Dramática.
Abranguen dende o deseño do espazo escénico, a indumentaria e caracterización dos personaxes ata a construción da escenografía e a iluminación de toda a posta en escena. Mostrarán nesta exposición todo o aprendido ata o de agora en escenografía teatral.
Na Casa da Xuventude de Vigo, deica o 26 de abril