Cantalingua 2013

Vence a peza ‘Cansión Jallejo-Americana’, de Monoulious. Balbina e Lydia Botana animarán tamén as festas.

O fallo do xuri do Cantalingua 2013, composto por grupos de alumnado pertencentes aos centros IES María Sarmiento de Viveiro, IES de Arzúa, e CPI Vicente Otero de Carral, foi o seguinte:

1º- Monoulious co tema Cansión Jallejo-Americana
2º- Balbina co tema Cantar Cantei
3º Lydia Botana co tema Quen nos queima

O premio consiste en 10 actuacións no Correlingua que terán lugar integramente en galego e que se repartirán entre os grupos gañadores.

Desde as entidades organizadoras do Correlingua 2013 (CIG-Ensino, AS-PG, A Mesa pola Normalización Lingüística, concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e Vicepresidencia da Deputación de Lugo) agradécenlle a todos os participantes a súa colaboración con este proxecto de difusión da nosa música e parabenizan os grupos gañadores.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*