Galardóns galegos nos Premios María Moliner

Unha vintena de proxectos de animación á lectura entre os 300 seleccionados a nivel estatal.

Esta semana falláronse os premios do concurso de animación á lectura María Moliner, convocado polo Ministerio de Educación e Cultura. O obxectivo do certame é seleccionar os mellores proxectos de animación á lectura que desenvolven as bibliotecas de municipios de menos de 50 mil habitantes (un total de 4526 concellos en todo o Estado).

O proceso de selección peneira unha serie de criterios que van sumando puntos a cada proposta, entre outros: a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, a orixinalidade, a inmersión nas novas tecnoloxías, etc

A comisión de valoración decidiu que as mellores propostas este ano eran as das bibliotecas municipais de Iurreta (Biscaia), Mota del Cuervo (Cuenca) e San Javier (Murcia), e serán estas as que reciban os premios económicos de 12 mil euros. Mais o certame fai ademais unha selección das 300 mellores propostas, ás que premia cun lote de 180 títulos (todos novidades editoriais). No caso galego, as iniciativas premiadas son as seguintes:

A CORUÑA
Ler é un xogo (Cedeira)
Animalectura 2012, para todos (Cerceda)
A dragona Ramona (Culleredo)
Erase unha vez.. a igualdade (A Laracha)
Bookcrossing: liberando libros por terra, mar e aire (Neda)
Lecturas para ti (Oleiros)
2012 un ano de sensacións (Ortigueira)
A túa biblioteca (Rianxo)

LUGO
Programación da BPM Do Saviñao para o ano 2012 (O Saviñao)
A túa biblioteca: ler, escoitar, conectar, escribir e compartir (Xermade)

OURENSE
Anímate a ler (Pereiro de Aguiar)
Algo máis que contos (Ribadavia)
Eurobiblioteca e voluntariado cultural, para o fomento da lectura (Verín)

PONTEVEDRA
A biblioteca agora máis que nunca (Caldas de Reis)
Sorprendendo desde a biblioteca (O Grove)
Eu leo, ti les, el le (O Porriño)
Biblioteca animatia 2012 (Ribadumia)
Anímate e le (Sanxenxo)
Compartir horas, compartir tempo, compartir un libro (Soutomaior)
Tui lee+ (Tui)
A biblioteca: lugar de encontro (Vilagarcía de Arousa)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*