IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento

‘Mortos de ningures’ e ‘O noso amor será eterno’, foron elixidos gañadores.

A Federación de Escolas Católicas celebrou este mércores en Ourense unha nova edición da súa Festa da Lingua. Foi unha xornada chea de actividades como obradoiros de ilustración e lectura, maxia e animación e na que participou medio milleiro de rapaces e rapazas. Ademais, a festa foi outra vez ocasión para escoller os libros máis puntuados polo alumnado das escolas este ano.

Na Festa da Lingua celebrada o 17 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra, fixéronse públicos os gañadores da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento nas seguintes categorías:

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
COSTAS, LEDICIA E TOBARUELA, PERE; Mortos de ningures; Ed. Everest

5ª categoría: de 3º a 4º de ESO e Bacharelato 
RIVADULLA, CORCÓN; O noso amor será eterno; Ed. Xerais.

Máis información na bitácora dos premios Sarmiento

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*