Segue o maratón de actividades adicadas a Rosalía de Castro en Vigo, velaquí as vindeiras.
O 17 de maio de 2013, Cantares gallegos de Rosalía de Castro, cumpre 150 anos. Esta obra, que representa o Rexurdimento da nosa lingua, foi impresa en Vigo, na imprenta de Xoan Compañel.
Por este motivo, esta cidade quere renderlle homenaxe á muller que, a pesares de nacer nunha época nada propicia para as mulleres nin para as linguas “non oficiais”, foi capaz de publicar esta obra determinante para a historia da nosa lingua.
As últimas actividades do mes de abril serán este martes, ás 19h30 [Rúa do Príncipe], Animación na rúa (A. V. Casco Vello), e ás 23h00 [Casco Vello], Representación metafórica do rito de alumear
as leiras con fachos acesos.
(Ademais, entre 2 e 16 Maio, os concursos “Un WhatsApp a Rosalía” e “Rosalía in me”)
PROGRAMA DO MES DE MAIO
XOVES 2
20h30 [Editorial Elvira. Rúa Santiago 11]
“2013. Superadas as reivindicacións
de Rosalía?”
Mesa Redonda
VENRES 3
19h00 [EMAO]
Música na Biblioteca
Concerto na biblioteca da EMAO.
SÁBADO 4
11h30 [Mercado do Progreso]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean
a Rosalía.
12h15 [Paseo de Afonso XII]
No Vigo de Rosalía
Camiñada polo centro da cidade para
descubrir o Vigo de Rosalía.
21h30 [Monumento a Rosalía]
Ruada
22h00 [O Lagharto Pintado]
Foliada
MARTES 7
19h00 [Centro de Documentación e
Recursos Feministas]
Regreso a “Cantares gallegos”
Faladoiro a cargo de María Reimóndez.
MÉRCORES 8
19h00 [Casa das Mulleres]
“Daquelas que cantan… O ronsel de
Rosalía de Castro”
Relatorio a cargo de Marga do Val.
XOVES 9
20h00 [Café de Catro a Catro]
Vigo. Capital do Rexurdimento
Charla a cargo de Xurxo Martínez González.
VENRES 10
20h30 [Detrás do Marco]
Concerto de AID
“Rapoemas”, obras de Rosalía rapeadas.
SÁBADO 11
11h30 [Mercado de Travesas]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean
a Rosalía.
12h00 [Praza do Emigrante]
Ola ríos, ola fontes
Contacontos musicado para xente miúda.
MARTES 14
20h00 [Auditorio Martín Codax. CSM]
Orquestra Sinfónica e coro do
Conservatorio Superior de Música de Vigo
Obras de Rogelio Groba entre outros.
MÉRCORES 15
12h00 [Parque de Castrelos]
Correlingua. Cantalingua
Actividades do programa Correlingua.
20h30 [Casco Vello]
Tendedeiros de versos
Distribución de poemas con traducións
a 50 linguas. (Organiza UVIGO)
20h00 [Auditorio Martín Codax. CSM]
Orquestra de ventos do Conservatorio
Superior de Música de Vigo
XOVES 16
10h00 [Centros de Ensino]
150 anos de Cantares gallegos
21h00 [Diante do MARCO]
Coro UVIGO + Gli Apassionati
12 pezas dedicadas a Rosalía.
VENRES 17 Día das Letras Galegas
12h00 [Casco Vello]
Alfombra de versos
Alfombra vexetal no Casco Vello e outros actos.
(Iniciativa da Fundación Rosalía de Castro)
19h00 [IFEVI]
Certame de Corais polifónicas.
ACOPEVI