Ponte nas Ondas participa en Islandia na xuntanza do CampusCulturae

No Congreso Internacional ‘Minorías Culturais na Literatura Infantil e Cultura Oral’.

Unha delegación da Asociación Ponte…nas ondas! participou en Reykjavík os días 24, 25 e 26 de abril no Congreso Internacional que organizan o campUSCulturae e o Vigdís Finnbogadóttir Institute of Foreign Languages da Universidade de Islandia. As sesións desenvolvéronse no National Museum of Iceland.

Os temas que tratou o Congreso:
• A literatura e a cultura das minorías frente á cultura de masas global dos nenos.
• As raíces culturais, o patrimonio das minorías e da literatura e a cultura dos nenos.

O propósito desta conferencia é promover o interese pola diversidade da literatura infantil e a cultura oral, tanto no norte como a nivel mundial, en momentos de produción masiva de produtos culturais estereotipados que homoxenizan a diversidade cultural.

O Congreso centrará a súa atención na cultura dos nenos ofrecendo diversas narrativas ricas e diferentes. Para iso, convidouse a expertos dos países nórdicos e de todo o mundo para compartir as súas investigacións e opinións.

Ademais do Congreso, campUSCulturae realizará, na mesma sede do Congreso, o día 26 unha xornada de traballo sobre o proxecto do que forma parte o Vigdís Finnbogadóttir Institute of Foreign Languages da Universidade de Islandia.

Ponte…nas ondas! que vén de ser recoñecida polo Ministerio de Educación de España co selo de “Buena práctica Iberoamericana” forma parte de campUSCulturae e comparte as actividades que cada un dos membros do proxecto está a desenvolver.

Máis información sobre o Congreso

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*