Unha bandada de contos

Exposición de ilustracións de artistas internacionais. En Santiago, na Galería Sargadelos.

“Unha bandada de contos” é o lema da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realiza na Galería Sargadelos, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka. As sesións de contos e música para escolares de Educación Infantil e Primaria realízanse nun espazo especialmente ambientado para recrear a atmosfera estética e literaria de cada obra.

Neste “pequeno museo” no que se converteron as paredes da Galería Sargadelos, pódense admirar as ilustracións dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez, do prestixioso autor británico Anthony Browne, da arxentina Natalia Colombo, dos galegos Belén Padrón e Óscar Villán, e do italiano Marco Somà.

Julia Díaz e David Álvarez gañaron o V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado con “Bandada”, unha metáfora sobre a historia da humanidade protagonizada por varias especies de aves. O libro, cunhas espectaculares ilustracións en branco e negro, foi seleccionado pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich para formar parte da prestixiosa selección The White Ravens.

A mostra, aberta ao público, poderase visitar ata o 25 de maio.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*