II Roteiro Circular Monte Pindo “para non perderse”

Organizado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural. O sábado 18 de maio.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural e a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), convocan este roteiro para o sábado 18 de maio desde as 10:00 horas con saída e chegada no lugar do Pindo.

Trátase dun roteiro circular un chisco máis longo dos que vimos facendo de xeito habitual, deseñado para visitar nunha mesma xornada algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos nosos antergos, coma o Pico Penafiel, o Castelo de San Xurxo, o Xigante da Mina, a Cova da Xoana ou o Cadoiro do Ézaro coa súa maxestuosa fervenza desde un punto de vista pouco habitual, facendo cumio na Laxe da Moa.

A asistencia é libre e gratuita. Os participantes deberán traer o seu xantar, roupa e calzado cómodos e acaídos ás condicións meteorolóxicas do día, e auga.

En detalle
Trazado: Pindo-Moa-Penafiel-Cadoiro-Pindo
Distancia: Arredor de 10 quilómetros
Duración: 5-6 horas (sen contar paradas)
Dificultade: Media
Traer xantar e roupa e calzado seguros, cómodos e axeitados ás condicións do día
Máis información: Asociación Monte Pindo ou escribe a info@montepindo.org

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*