O mapa da península dentro de 20, 50 e 100 anos

O colectivo WWF lanza o seu novo informe ‘Os bosques que nos quedan. Propostas para a súa restauración’.

A plataforma WWF analiza cales son os bosques que quedan na península nun novo informe no que identifica tamén as zonas prioritarias de restauración forestal. A organización subliña que carrascais e carballeiras, xunto a sabinares canarios, encabezan a lista dos máis ameazados. Para reverter a situación actual habería que restaurar para 2030 máis de dous millóns e medio de hectáreas, cun investimento total de 4.000 millóns de euros. No informe podemos ver por exemplo, como a proxección a medio e longo prazo prognostica, segundo a evolución actual, o acelerado esmorecemento da presenza do castiñeiro ou o carballo en Galicia.

Os bosques representan na actualidade o 29% do territorio estatal que potencialmente poderían ocupar. Ademais, a metade da superficie forestal está desarborada, á vez que a calidade biolóxica dos bosques que perviven vese ameazada por mor da actividade humana.

Neste contexto, WWF lanza o seu novo informe ‘Os bosques que nos quedan. Propostas para a súa restauración’, en colaboración coa Universidade Autónoma de Madrid. Nel cuantifícanse os bosques que chegaron aos nosos días e defínense as zonas prioritarias de restauración forestal. É dicir, aqueles bosques nos que as administracións deberan concentrar os seus esforzos e investimentos, establecendo a superficie que se debe recuperar e os investimentos que se deben acometer.

Na rede pode consultarse unha aplicación gráfica a través da que poderemos facernos unha idea de como podería ser o mapa da península dentro de 20, 50 e 100 anos.

Os bosques en cifras segundo WWF:

  • Os bosques ocupan en España unha superficie duns 13,1 millóns de hectáreas (Datos baseados no II Inventario Forestal Nacional e no Mapa Forestal de España)
  • Os bosques representan o 29 por cento da superficie que potencialmente poderían ocupar
  • A metade da superficie forestal española está desarbolada
  • Os bosques españois fixan ao ano 186 Toneladas de CO2
  • Só o 13 por cento da superficie forestal conta con plans de xestión
  • Menos do 1 por cento da superficie forestal está certificada por algún sistema de certificación forestal
  • Os incendios forestales afectan cada ano a 120.000 hectáreas
COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*