‘Batalla de naipes’: Ciclo de concertos didácticos adicado aos instrumentos tradicionais

En maio e xuño. Na Escola Municipal de Música de Santiago.

Por terceiro ano, a Escola Municipal de Música promove o achegamento dos máis pequenos á música a través dun ciclo de concertos didácticos, dirixido a alumnos de primaria. Leva por título

‘Batalla de Naipes’ é o título do ciclo da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela adicado aos instrumentos tradicionais. O encargado de desenvolvelo será o cuarteto de música tradicional do seminario de formación da Escola, formado por gaita, acordeón, arpa, zanfona e un narrador. A sesión consiste na narración dun conto musical, a través da cal se van dando a coñecer diferentes instrumentos.

Os concertos realizaranse os días 23 e 24 de maio e 6, 7 e 13 de xuño na Escola Municipal de Música, con sesións ás 10:30 e 12:00 horas. Os centros escolares deben facer as súas solicitudes no Departamento de Educación do Concello de Santiago ou na propia Escola.

Clausura das clases maxistrais
Por outra parte, o sábado 11 de maio clausuraranse as clases maxistrais de violín impartidas por Massimo Spadano, concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun concerto no Auditorio de Galicia ás 19:00 horas. Estará o alumnado participante co seu profesor, acompañados pola Orquestra de Corda da EMM.

Ao día seguinte, domingo 12 de maio, nun escenario aínda por determinar, concerto para por fin ás clases maxistrais de música de cámara impartidas por Anne Schlossmacher, viola da Real Filharmonía de Galicia.

Encontro en Rianxo
A Escola celebra tamén un novo encontro das súas agrupacións instrumentais e corais na vila de Rianxo. Máis dun cento de alumnos vivirán unhas xornadas intensivas de estudo e convivencia os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño. Nesta última xornada, ás 13:00 horas, as agrupacións ofrecerán un concerto público na praza Rafael Dieste.

Xornada de portas abertas 
Outra convocatoria que se repite cada ano é a xornada de portas abertas, que nesta ocasión se celebrará o sábado 8 de xuño, ás 12:00 horas. É unha invitación aberta, previa reserva, para que as familias e os nenos coñezan a Escola Municipal de Música: as instalacións, a oferta musical, o programa pedagóxico e o profesorado.

Festival 
Finalmente, como acontece cada mes de xuño, a Escola pechará o curso cun festival, que nesta ocasión estará dedicado aos musicais de Disney. As agrupacións da EMM (banda, orquestra de corda, coros e compoñentes da Escola Infantil de Música), compostas por 350 alumnos, realizarán un musical baseado nos temas dos filmes de Disney. Será o venres 14 de xuño, ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia. A entrada é libre ata completar aforo.

Máis información e matrículas na web da Escola Municipal de Música de Santiago

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*