Nuncabunga

Espectáculo cómico-poético. O 7 de xuño no Gaiás.

A obra galardoada nos Premios María Casares de teatro como mellor espectáculo do ano estará o vindeiro 7 de xuño na Cidade da Cultura. Será en dúas quendas, ás 12h e ás 17h. A entrada custa 5 euros.

‘Nuncabunga’ está levada á escena pola compañía Elefante Elegante, conseguindo de xeito pioneiro ser a primeira obra infantil nominada como mellor obra aos galardóns María Casares.

‘Nuncabunga’ é un espectáculo cómico e poético sen palabras dirixido ao público familiar e infantil a partir dos tres anos de idade. A acción desenvólvese nun espazo próximo ao mar, onde vive unha persoa que construíu o seu fogar nun recuncho. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*