O proxecto xa fora avanzado días atrás e agora preséntase o decreto que o desenvolverá. Os directores de centros escolares públicos en Cataluña terán capacidade de decisión sobre o 50% do persoal das escolas no que respecta a docentes funcionarios. Ademais, poderán escoller o 100% dos interinos e substitutos.
A iniciativa foi non pouco polémica e acendeu o enfrontamento da administración catalá cos sindicatos docentes que ven na medida unha posible “intención privatizadora” e advirten sobre as “arbitrariedades” que o novo sistema podería facilitar no ámbito educativo. Desde o Departamento de Ensenyament subliñan o aval de familias e de diversos expertos e sosteñen que permitirá adecuar o persoal dos centros ás necesidades do proxecto pedagóxico de cada colexio.
Máis información na web do departamento catalán de Educación: La consellera Rigau afirma que en el projecte de decret el que es “perfila són les places i no les persones”
Máis información sobre as críticas do sector docente na web do Sindicato de Ensenyament: El Departament d’Ensenyament intenta acabar amb la democràcia i la transparència en l’educació pública