Campus de baloncesto Juanjo Bernabé

Nos meses de xuño e xullo, na estación de montaña de Manzaneda.

A sala de xuntas do Pazo Provincial de Ourense acolleu a presentación do X Campus de Baloncesto “Juanjo Bernabé”, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense e que terá lugar entre os meses de xuño e xullo. O acto de presentación contou coa presenza de Juanjo Bernabé, director do Campus; Sony Vazquez, coordinador do campus e Carlos Osvaldo, coordinador da canteira do COB Ourense.

A estación de montaña de Manzaneda será o escenario onde desenvolverá as súas actividades o campus, que terá dúas datas: a primeira delas do 30 de xuño ao 6 xullo, e a segunda do 6 ao 12 de xullo, para nenos e nenas nacidos entre 1995 e 2006. Segundo informaron os organizadores, por este campus pasaron xa nas anteriores edicións máis de 1.100 nenos.

As quendas:
1ª opción do 30 de xuño ao 6 de xullo

2ª opción do 6 de xullo ao 12 de xullo

3ª Opción: do 30 de xuño ao 12 de xullo

Prezo OPCIÓN A e B:
370 Euros

Prezo OPCIÓN C:
680 Euros

Os prezos inclúen IVE, seguros, roupa do campus e aloxamento en pensión completa.

 Coordinación do traballo de basket:…… Carlos Gómez
   – Monitores de Baloncesto:
o Juanjo Bernabé…………… Xogador e adestrador superior.
o Jorge García………………. xogador do Autocid Burgos (Adecco Leb Oro)
o Sony Vázquez ……………..Xogador COB Ourense e adestrador superior
0 Albert fontet……………….Xogador do Cai Zragoza ACB
Carlos Gómez ……………..Coordinador de canteira do C.O.B Ourense
o Tino Ugidos………………… adestrador superior. Colegio Leonés
o Raquel Vilachá ……………Coordinadora do Clube Allariz.
o Irene Liñada…………………Monitora de Baloncesto
o Jorge Calvo……………………Xogador do Liecester Riders (Liga Inglesa)
o Sergio Pérez Anagnoustu.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*