Salvar vidas está nas túas mans

Cúmprense catro anos do lanzamento desta iniciativa da Organización Mundial da Saúde.

O 5 de maio de 2009, a iniciativa SAVE LIVES: Clean Your Hands, foi lanzada polo programa da Seguridade do Paciente da Organización Mundial da Saúde (OMS), como parte do Primeiro Reto do programa “Unha atención limpa é unha atención máis segura”.

O obxectivo é incrementar a toma de conciencia ao redor do mundo acerca da importancia da hixiene de mans para reducir especialmente as infeccións asociadas á atención sanitaria (IAAS). Foise concretando a través da adhesión á campaña de 5000 hospitais e centros de saúde de 122 países. A OMS ten a intención de facer de cada 5 de maio, unha xornada mundial dedicada a esta campaña para chamar a atención acerca das melloras na práctica de hixiene de mans.

Unha hixiene de mans apropiada é un dos métodos máis simples e eficaces para diminuír as IAAS. No entanto, o persoal sanitario omite esta práctica nun 60% das situacións nas que é necesaria, por estar en contacto cos pacientes. SAVE LIVES: Clean Your Hands, inscríbese nun esforzo maior liderado pola OMS, co obxectivo de invertir este costume, e incitar especialmente o persoal sanitario a realizar melloras nas súas prácticas de hixiene de mans, contribuíndo así a reducir a propagación das IAAS.

Máis información: Save lives, clean your hands

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*