VI Pequemarcha: Illas Cíes

O 12 de maio. Organizada polo Clube de Montañeiros Celtas.

A iniciativa do Clube Montañeiros Celtas inclúe desta volta unha viaxe en barco. Faremos un percorrido desde o peirao ata a praia de Figueiras, para observar as dunas e as vistas sobre cabo Home e punta Subrido. Logo continuaremos ata o lago dos nenos. Desde o paso veremos algunhas especies de peixes máis características deste lago. Continuaremos cruzando o camping cunha paradiña para ver e coñecer como é unha tenda de campaña (os nenos da sección infantil acamparán aí esa noite) ata chegar fronte á illa de San Martiño.

Aquí observaremos, esperamos, variedade de cunchas. Xantaremos á sombra cerca do camping e organizaremos algúns xogos na praia de Rodas, onde quen queira poderase bañar baixo o coidado dos seus nais e pais. Non esquezades gorro ou similar, crema solar e bañador e toalla, e algo de abrigo para ir no barco, e tamén que non falte o xantar.
Marcha sinxela, circular, onde se pretrende pasar unha xornada cos máis cativos gozando todos na iniciación ás actividades ao aire libre.

Quedamos as 10:30 na estación marítima, xa que o barco sae as 11:00 horas
O regreso: Saímos as 19:30 das Cíes.
Límite para anotarse 08 de maio.

Os prezos son os seguintes:
Nenos menores de 4 anos de balde. Socios entre 4 e 9 anos 8€ Non socios 9€
Socios maiores: 10€ Non socios 13€

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*