Entre o 5 e 11 de maio. En Lugo.
Arrincou este domingo 5 de maio a X Semana Internacional de Maxia de Lugo no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, cunha Gala Infantil a cargo do Mago Kayto, considerado un dos mellores magos infantís, e que presenta o espectáculo Alokayto.
O programa inclúe tamén a Gala René Lavand que será o xoves 9 de maio ás 21:00 horas a cargo de René Lavand, un dos magos máis famosos a nivel internacional e que dará a coñecer o espectáculo ‘Juegos para mis elegidos’. Para o venres 10 de maio tamén hai preparada a Gala Mag Lari baixo título ‘Sonrisas y magia’, dirixida polo ilusionista Mag Lari, que realizará trucos espectaculares como a desaparición de persoas, entre outras moitas. A entrada terá un prezo único de 10 euros. Finalmente, o sábado 11 de maio, terá lugar a Gran Gala Lugomáxico 2013 ás 21:00 horas. Participarán os magos Sos and Victoria procedentes de Rusia, o mago Sun, que recibiu o Premio Nacional de Maxia 2011, o mago Nuel, o mago Jaime Figueroa, e o mago Serjo. Presentará a gala o mago Murphy.
Durante toda a semana os magos andarán por rúas e escolas da cidade. Velaquí o programa completo de LugoMáxico 2013 (.pdf)