A prol do ‘X’ Solidario

Apoiamos a campaña para marcar o casilleiro de “Fins Sociais” na declaración da renda.

As entidades socias galegas agrupadas a través do CERMI Galicia, Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER), Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), e EAPN- Galicia, Rede contra a pobreza están a promover que os contribuíntes marquen “Fins Sociais” nas súas declaracións da renda.

O ano pasado recadáronse en Galicia, a través do cadro para Fins Sociais, 14,1 millón de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran o recadro de fins sociais destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas a cantidade final ascendería a 26 millóns de euros, moi necesarios para abordar os crecentes problemas socias que sofren tantas persoas (en Galicia o 45.47% dos contribuíntes non marca “fins sociais”). Isto non ten custe algún para as persoas declarantes. A X Solidaria é un equis que axuda as persoas máis vulnerables. Poderás marcala cando fagas a declaración da renda. É a casilla que se denomina “Fins Sociais”. Nós preferimos chamala X Solidaria, porque o seu nome parecíanos moi frío cando se trata de axudar aos demais. 

Solidaria,

  • Porque ao marcala fas que se destine un 0,7% dos teus impostos a programas sociais que realizan as ONG.
  • Porque se benefician os colectivos máis desfavorecidos, sen ningún custo económico para ti.
  • Porque NON marcala é tomar unha actitude pasiva, e deixar que sexa o Estado quen decida o destino desa parte dos teus impostos.
  • Porque marcándoa convérteste en contribuínte activo solidario
COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*