Organiza un mercadillo solidario na túa escola

Campaña de Educación sen Fronteiras.

Estás disposto a desprenderte daqueles obxectos cotiáns que che importan e explicarlle a outra persoa que valor teñen para ti? Adquirirías un obxecto que sexa importante para outro compañeiro ou compañeira? Axudarías a unha boa causa? Organiza un orixinal mercadillo solidario na túa escola e… atrévete con esta campaña!

Seguramente todos e todas temos en casa un feixe de obxectos especiais que habemos ir acumulando ao longo do tempo: a camiseta que levamos naquel partido, a area da praia que recollemos nunha botella, o póster que tivemos colgado na habitación tanto tempo, as pulseiras que compramos naquela viaxe, o cómic que lemos mil veces, o autógrafo do noso deportista preferido, algunha foto, cromos… Son pequenos obxectos que non teñen un valor económico relevante pero que nos importan polo valor sentimental que teñen ou polos recordos que nos evocan.

Estes obxectos forman a idea central da nova campaña de Educación Sen Fronteiras: “Porque me importa”. A proposta é organizar mercadillos solidarios nas escolas, onde estudantes e profesorado acheguen aqueles obxectos cotiáns aos que lle teñan un afecto especial. Ao contrario da maioría de mercadillos, onde levamos cousas que xa non queremos, este é un novo concepto de mercadillo. O obxecto do que te desprendes vai acompañado dunha pequena carta onde explicas por que foi importante para ti. Ao facelo, compartes coa persoa que o compre o valor que no seu momento tivo… e engadímoslle un novo valor!

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*