XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

O Freixo é o lugar escollido para celebrar esta edición. Do 11 ao 14 de xullo.

O Freixo, no Concello de Outes, no fondo da ría de Muros e Noia, acollerá este XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado cada dous anos. O seu emprazamento, que determina unhas condicións óptimas para a navegación, xunto á súa histórica relevancia na carpintería de ribeira en Galicia foron os principais factores que levaron á súa escolla como sede desta celebración que a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), desta volta coa colaboración da Asociación Terra de Outes, en estreita colaboración con outras asociacións da zona e o propio Concello de Outes.

O Encontro é unha oportunidade de ver gran parte das tipoloxías da flota de barcos tradicionais de Galicia. Cada dous anos xúntanse así máis de 120 barcos de todo tipo de esloras, aparellos, e tipoloxías, incluíndo os que veñen de fora do territorio de traballo da FGCMF.

No Encontro é habitual ver as únicas lanchas xeiteiras que hai navegando nete momento, ver as escasas chalanas a vela, ver que é o que fai distintos aos botes do norte de Galicia, apreciar as especiais características dos barcos portugueses presentes, presenciar a espectacular velocidade do barcos de Cartagena, a boga dos tripulantes da única traíña vasca de tipo tradicional, ou ver as múltiples variantes que ten a dorna.

Todos os días do Encontro hai navegación, todos os días se pode sair ao mar cos barcos, ou se pode contemplar o espectáculo de 120 barcos navegando xuntos en travesías a Noia, ou pola ría de Muros. Ademais das travesías, haberá regatas de remo tradicional, e demostracións de manobras.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*