Festival Internacional de Teatro Lusófono

Compañías galegas, brasileñas e portuguesas chegan a Gondomar da man da asociación Ponte… nas Ondas!.

Pouca xente en Galiza recorda ou sabe os camiños percorridos polo director de teatro galego, Moncho Rodríguez; da súa importancia no Brasil e de como ten influenciado novas correntes de creadores a percorreren os camiños dunha arte con identidade propia, dos seus traballos onde se unen nun só tempo a tradición e a modernidade, e os recursos que este director utiliza están vinculados directamente á poética das tradicións populares. Este é o momento para que poidamos establecer pontes, lazos de irmandade e que os creadores galegos, portugueses e brasileiros poidan circular nun circuito máis amplo e de ida e volta.

Así nos presentan desde a asociación Ponte… nas Ondas! O primeiro festival deste tipo que se fai en Galicia. Ponte…nas ondas!, que xa comezara da man de Limiar Teatro o diálogo necesario para levar á escena as expresións do noso patrimonio oral, na obra Os 4 da Xunqueira, para transmitir ao público galego e portugués unha representación deste universo “inmaterial”, volta a inspirar de novo ao grupo en 2011 com motivo da XVII edición da súa xornada de comunicación. Desta volta son as “bibliotecas vivas” que dan pé á montaxe Verbum Fahrenheit inspirada na figura dos homes-libro de Rad Bradbury. Para esta obra, Limiar incorpora textos de escritores da lusofonia.

O Festival Internacional de Teatro que terá por sede a vila de Gondomar do 24 ao 26 de maio. As representacións serán no auditorio Lois Tobío, aínda que o venres 24, o bar Catro Camiños albergará ‘Unha historia de amor ao Tarantino’ (8mm. Teatro) a partir das 23 horas. O prezo por función será de catro euros.

Programa do Festival Internacional de Teatro
-Venres 24 de maio
Verbum Fahrheit (Limiar teatro – Galicia) 20 horas no Auditorio Lois Tobío.
Unha historia de amor ao Tarantino ( 8mm. Teatro – Galicia) 23 horas no Catro Camiños.
-Sábado 25 de maio, Auditorio Lois Tobío
Quando se abren os guarda-chuvas (Primus Cia de Atores – Río, Brasil) 20 horas
Olympia (Teatro andante – Minas Gerais, Brasil), 22 horas
-Domingo 26 de maio, Auditorio Lois Tobío.
Labirinto de amor e morte ( Fafe cidade das artes – Fafe Portugal), 20 horas
A visita (Teatro Invisible – Lisboa Portugal), 22 horas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*