Ponte nas Ondas, Ponte a Brincar!

Este venres, XIX edición da xornada multimedia de comunicación.

A través da web da asociación, www.pontenasondas.org, será emitida a programación audiovisual elaborada polas escolas participantes na XIX edición de Ponte…nas ondas! Proxectos chegados desde aulas de Chile, Colombia, Brasil, Arxentina, Portugal e Galicia. Tal e como vos fomos contando desde hai meses, o lema nesta edición: PONTE…A BRINCAR!

Uvigo-TV da Universidade de Vigo colabora unha vez máis coa xornada e encárgase da recepción dos diferentes programas e de confirgurar a grella da programación. Os traballos presentados á xornada permanecerán dispoñibles na rede en formato de vídeo ou audio. Ademais dos traballos realizados polas escolas, poderán visionarse experiencias realizadas por asociacións e entidades que están a traballar na dinamización e difusión do noso patrimonio lúdico e tamén se emitirán programas de xogos e brinquedos tradicionais desde outras comunidades como Cataluña ou Euskadi.

Ponte…nas ondas! Xa celebrou o pasado 24 de maio na localidad ede Melgaço o V Encontro de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses, reunindo a máis de cincocentos alumnos que tiveron a oportunidade de coñecer e gozar cos brinquedos e os xogos populares. E o evento deste venres adiantará ademais contidos e programa de Ludaria, o Festival Europeo de Xogos tradicionais, que a Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais celebrará en Ourense do 20 ao 23 de xuño. Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional, da que Ponte…nas ondas! forma parte, é a entidade encargada de organizar este encontro europeo.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*