Dentro do programa Falaredes, actividades para cativos/as en 16 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou esta mañá no Edificio Multiúsos de San Cristovo de Cea, “Augalingua”,
Augalingua é a nova actividade estival que estrea o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”. A proposta desenvólvese durante este mes de xullo en 16 concellos co obxectivo de dinamizar a lingua galega en piscinas municipais e praias fluviais. Os monitores organizarán xincanas centradas en xogos de lingua e habilidade para rapazada de 6 a 12 anos.
As actividades de Augalingua comezaron en San Cristovo de Cea o pasado 3 de xullo e percorren os concellos de Maside, Toén, Vilamarín, O Barco de Valdeorras, A Veiga, Sarreaus, A Bola, Muíños, Taboada, Monterroso, Guntín, Ribas de Sil e Parada de Sil, Ordes e Lalín.