Campamento de verán. Chaves para entender un anaco do mundo

Na Fundación Luís Seoane. Deica o 30 de agosto.

Dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, o campamento de verán da Fundación Luis Seoane centrarase cada semana nun tema diferente (arte, muralismo, lectura, expresión teatral, etc.), intercalando os aspectos teóricos coa práctica e cos xogos. Deste xeito, o campamento dividirase en bloques temáticos distintos nos que é posible matricularse por separado, podendo os participantes asistir a todos os bloques ou escoller aquel ou aqueles que máis lles interesen.

Durante 10 semanas os máis pequenos poderán gozar de múltiples actividades que van desde a elaboración de peluches baseados nos personaxes dos cadros de Luis Seoane ata coñecer e practicar a performance artística, pasando por unha introdución á relación entre moda e arte na que crearán pequenas pezas de roupa, e outros bloques nos que aprenderán como se deseñan as exposicións, coñecerán o mundo dos libros e das editoriais, e ensinaranlles os rudimentos da arte abstracta, a distinción entre arte e artes aplicadas, a linguaxe audiovisual e o muralismo. Todo a través dun plan diario, de luns a venres, que comezará cada día ás 9:00 e rematará ás 14:30. O prezo para participar nos campamentos de verán da Fundación Luis Seoane é de 80 euros por semana e participante, cuns descontos do 10% no caso de que o neno ou a nena se matricule en dous bloques (dúas semanas), e dun 15% se desexa matricularse en tres ou máis bloques. Para os grupos de irmáns, a matrícula redúcese de 80 a 75 euros, e o prezo da matrícula inclúe os materiais de traballo e a merenda dos participantes.

Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*