Tapóns solidarios entre Redondela e Xixón

As familias de Jessica Martínez e Aurora Fernández protagonizan unha colaboración solidaria en prol da saúde das rapazas.

Hai un mes, a familia de Aurora Fernández, unha rapaza asturiana afectada por un nevus maligno na cabeza, decidiu a doazón de parte dos tapóns recollidos para ela a Jessica Martínez, unha rapaza de dezasete anos de Redondela que desde os once anos padece unha enfermidade neurodexenerativa. A familia redondelá viaxou esta fin de semana a Xixón para participar na gala solidaria en favor de aurora e da recadación de fondos para as operacións necesarias para a rapaza asturiana.

A ONG viguesa Solidarios Anónimos e a empresa de transporte Halcourier organizaron o traslado de sete toneladas de tapóns dende Asturias até a planta de reciclaxe da Cañiza, en prol da saúde de Jessica. A familia da rapaza galega quere conseguir que o Hospital NIH de Maryland, especializado en enfermidades raras, acepte o caso de Jessica entre o cento dos que estudan anualmente con bo índice de éxito. Actualmente, a enfermidade neurodexenerativa da moza galega, examinada por moitos especialistas, segue sen diagnóstico e, xa que logo, sen tratamento.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*