Animación á lectura e achegamento á natureza na Aula do Miño

En Ourense, actividades para os máis cativos ata o inicio do novo curso escolar.

A Concellería de Educación do Concello de Ourense dará continuidade durante o mes de setembro aos programas de actividades de verán para nenos que organiza nas bibliotecas municipais e na Aula Municipal de Natureza do río Miño, en Oira. Coa finalidade de concienciar aos cativos da importancia do coñecemento, coidado e conservación do medio ambiente, desenvolveranse diferentes actividades, que xirarán en torno á flora e a fauna ourensá, reciclaxe, orientación, cambio climático e xardinería, entre outras.

O programa de actividades está dirixido a nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade. Realizaranse en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 horas, os días 2, 3, 4, 5 e 6 de setembro. A inscrición ten un custe de 10 euros, e pódese realizar a través do teléfono 988 510 781 ou vía email: aulanatureza@ourense.es

Ademais, as bibliotecas municipais (A Ponte, San Francisco, A Carballeira) e o punto de lectura infantil do Couto, organizan a actividade “VIAXE A TRAVÉS DOS CONTOS”. Incluida no Programa de Animación á Lectura, desenvolverase de luns a venres, desde de 11.00 a 13.00 horas, dende o día 2 ata o 10 de setembro.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*