Axudas 2013/2014 ao funcionamento de Clubs de lectura

Convocatoria aberta para centros públicos deica o 11 de outubro.

O alumnado que le máis de 30 minutos ao día ten mellores resultados nas tres competencias: lingüística, matemática e coñecemento e interacción co mundo físico, fronte a aqueles que non len. Paradoxalmente, un de cada tres alumnos e alumnas da educación secundaria obrigatoria confesa que non le nada. Son datos do informe de avaliación de diagnóstico realizado en Galicia no curso 2011/2012 e subliñados como aval da importancia do fomento da lectura no contorno da comunidade educativa.

Nesa arela, a posta en marcha de clubes de lectura é unha das iniciativas a fomentar nos centros escolares como práctica de socialización e creación de comunidades de intereses ao redor dos libros e a lectura. O documento adxunto contén a convocatoria de axudas para o mantemento de clubes de lectura recentemente publicada. O prazo está aberto deica o 11 de outubro (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*