Calendario escolar 2013/2014

Axenda oficial para o actual curso lectivo.

11 de setembro de 2013: Comezo da impartición efectiva de clases no 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria.

11 de setembro: Comezo das actividades lectivas nos centros que imparten exclusivamente ensinanzas artísticas superiores

16 de setembro: Comezo da impartición efectiva de clases na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional

16 de setembro: Comezo das actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial

20 de xuño de 2014: Finalización da impartición efectiva de clases no 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria.

20 de xuño: Finalización da impartición efectiva de clases na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional. (Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria)

30 de xuño: Finalización das actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial.

22 de decembro de 2013 a 8 de xaneiro de 2014: Vacacións de Nadal.

3, 4 e 5 de marzo de 2014: Vacacións de entroido

14 a 21 de abril de 2014: Vacacións de Semana Santa

*Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así de­clarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro), e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.
**Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales se refire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os conse­llos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 28 de outubro de 2013, perante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, logo de informe da Inspección Educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda. É recomendable que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o que se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.
***Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2013/14 se celebrará o 31 de outubro de 2013

****Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
– 25 de novembro de 2013: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 1 ao 11 de decembro de 2013: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 10 de decembro de 2013: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 30 de xaneiro de 2014: Día da Paz.
– 8 de marzo de 2014: Día Internacional da Muller Traballadora.
– 15 de marzo de 2014: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 10 ao 14 de marzo de 2014: Semana da Prensa. Un día desta semana traballa­rase na aula con xornais.
– Entre o 11 e o 30 de abril de 2014: Día do libro.
– 7 de abril de 2014: Día Mundial da Saúde.
– 9 de maio de 2014: Día de Europa.
– Do 8 ao 17 de maio de 2014: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2014: Día Mundial do Ambiente.

Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a programación xeral anual.

Máis información no DOG nº107 (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*