Un cento de pezas ‘imaxinando Cantares’!

Velaquí unha selección das propostas das aulas no certame de curtas baseadas no poemario rosaliano.

O pasado curso os equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) conmemoraron o 150.º aniversario da publicación da obra que marcou o inicio do Rexurdimento galego. Nos case 100 traballos presentados ao certame Imaxina Cantares! apoiado pola consellería de Educación, vídeos de menos de 10 minutos de duración elaborados por ata tres alumnos e un profesor do EDLG, reinterpretáronse poemas de Rosalía de Castro empregando diferentes técnicas audiovisuais.

Na categoría de educación infantil, os premiados foron o CRA Nosa Señora do Faro, de Ponteceso, por “Cociñamos con Rosalía” e a EEI de Lañas, da Baña, por “Viches a Rosalía?”. En educación secundaria obrigatoria obtivo o primeiro premio o IES As Barxas, de Moaña, por “Non teño medo” e o segundo, o IES As Bizocas, do Grove, por “Cantares cen anos despois”. Na categoría de bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais, outorgóuselle o primeiro premio ao IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis, por “Agora é outro cantar” e o segundo ao IES A Guía, de Vigo, por “Eu ben vin estar o moucho”. Ademais, o xurado, en vista da calidade dos traballos presentados, decidiu outorgarlles tamén mencións de honra ao CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos; ao CEIP da Barqueira, en Cerdido; ao CEE O Pedroso de Santiago de Compostela e ao IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos.

Facemos un repaso dalgúns dos seleccionados:

Cociñamos con Rosalía

Non che teño medo, moucho


Agora é outro cantar

Viches a Rosalía de Castro


Cantares cen anos despois

Rap Rosalía de Castro

Aquí podedes velos todos

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*