O ciclo de difusión da danza galega ten novas citas en setembro. Aquí a axenda.
Danza 3. Folclores na rúa, o programa para a difusión da danza galega da Agadic, ten previstas as seguintes funcións este mes:
– 7 de setembro: O Fiadeiro, en Ponteareas
– 8 de setembro: Cantigas e Agarimos, en Marín
– 13 de setembro: Cantigas e Agarimos, O Barco de Valdeorras
– 14 de setembro: O Fiadeiro, en Sober
– 22 de setembro: O Fiadeiro, en Redondela
En cada unha destas citas, as agrupacións exhibirán a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se buscará implicar o público asistente, de xeito que cada un destes espectáculos será único, espontáneo e persoal.