Matrícula na escola de gaitas e percusión da provincia de Pontevedra

O prazo ábrese o día 9 e finaliza o 20 de setembro.

1.Requisitos para matricularse no Curso 2013-2014 na Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra. 
A idade para poder asistir as clases será, a partires dos 6 anos en Percusión e dos 8 para Gaita, na Escola central (Vigo) clases de zanfona a partires dos oito anos. 

A matrícula terá un custe de 25€ por instrumento, que se abonará no momento de formalizar a inscrición os antigos alumnos, e despois de superar a proba de acceso os novos alumnos. 

2. Presentación de solicitudes para inscrición. 
Todas as solicitudes de ensinanzas na Escola de Gaitas e Percusión presentaranse, en impreso normalizado, e acompañado dunha fotografía tamaño “carné” en calquera das dependencias da Escola. 

As matrículas realizaranse en : 

• Zona Sur (Vigo) IFEVI Vigo: Tlf. 986 48 70 20. Horario de 10 a 14h.

• Zona Deza (Lalín) Concello de Lalín : Tlf: 986 78 35 70. Horario de 09 a 14h.

• Zona Morrazo (Cangas) Casa da Xuventude. Horario de 8:30 a 14h.

• Zona Centro (Pontevedra) Cidade Príncipe Felipe: Tlf. 986 80 41 35. Horario de 8:30 a 14h.

• Zona Salnés (Vilanova): Casa da Cultura de Corón : Tlf. 986 56 11 11. Horario de 17 a 21h. 

3. Criterios de Admisión. 
Os Criterios para a admisión do alumnado, serán o cumprimento das presentes normas e a dispoñibilidade de prazas no grupo correspondente. As prazas na escola son limitadas. 

4. Calendario do curso. 
O calendario axustarase ás Xornadas festivas e de Vacacións establecidas pola Consellería de educación e Ordenación Universitaria para centros educativos non universitarios. 

5. Grupos e Horarios. 
Na Escola o horario de ensinanzas será entre as 18.00 h. e as 22.00 h. ,os horarios definitivos fixaranse en canto se dispoña da matricula mínima. A oferta total da Escola é de 34 grupos para varios niveis de formación. A dirección da Escola en función da demanda, proporá a adscrición do alumnado ós grupos ata que estes se completen. Procurarase a homoxeneidade dos niveis, polo que pode, antes do comezo do curso, modificarse o numero de grupos dos distintos ámbitos formativos ou niveis e tamén dos horarios para atender adecuadamente a demanda. 

Prezo: A matricula terá un custe de 25€/instrumento e as clases son GRATUITAS. 

Prazo de inscrición: do 9 ao 20 de Setembro, para os novos alumnos.
Comezo das Clases: A partires do 30 de Setembro. 

Máis información na web da Escola

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*