Lugo, Burela, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vigo son as seguintes paradas da mostra.
Promovida pola Consellería de Cultura e Educación e pola Asociación Vidal Bolaño, a exposición ofrece unha panorámica da obra do dramaturgo a través de dez paneis con textos e imaxes dos seus espectáculos, dos seus personaxes e das súas obras.
Na provincia de Lugo, a mostra sobre Roberto Vidal Bolaño chegará á biblioteca nodal da cidade da muralla, onde permanecerá do 3 e 20 de setembro, e á localidade de Burela, do 23 de setembro ao 10 de outubro. Ao seu paso por Ferrol, a mostra estará na biblioteca municipal do 11 ao 28 de outubro. A continuación poderá visitarse na provincia de Ourense, do 29 de outubro ao 11 de novembro en Verín e do 12 ao 30 de novembro, na Biblioteca Nodal de Ourense.
A exposición rematará o seu percorrido por Galicia na provincia de Pontevedra no mes de decembro. Do día 2 ao 16 poderá visitarse na Biblioteca Nodal de Pontevedra e entre os días 17 e 31 estará no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. Trátase, polo tanto, de 12 oportunidades para poder coñecer un pouco máis da vida e da obra do dramaturgo ao que este ano se lle dedican as Letras.
Para ampliar información sobre Vidal Bolaño recomendamos tamén a Escolma de materiais reunida pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística