Organizada por Adega. Os días 21 e 22 de setembro.
A través do proxecto ‘Charcas con Vida’, o colectivo ecoloxista Adega convoca unha nova xornada de voluntariado ambiental, desta volta para a construción e recuperación de charcas en Ourense (Xunqueira de Espadañedo e Montederramo). A xornada celebrarase os días 21 e 22 de setembro. O voluntariado contará con seguro de accidentes e terá os gastos cubertos. O aloxamento será no albergue de Gabín (Montederramo).
O voluntariado contará con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela, e xantar. Se queres participar contacta co local nacional de Adega (981 57 00 99), no móbil 649 611 508, ou no correo lucia@adega.info. O proxecto Charcas con Vida conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de investigaçao em iiodiversidade e recursos genéticos, Portugal).