Actividades coordinadas polo CGAI para alumnado de 6 a 18 anos.
A creación de novos públicos e a formación de espectadores activos e con espírito crítico son obxectivos desta iniciativa, CinemaEnCurso, xurdida en Cataluña e activa en Galicia por mediación do Centro Galego das Artes e a Imaxe (CGAI).
As actividades están pensadas para alumnado de primaria, secundaria e bacharelato co obxectivo de achegarlles diferentes perspectivas do cine e a fotografía como arte, creación e cultura, ademais de explorar con eles as potencialidades pedagóxicas destas dúas disciplinas.
Os centros públicos interesados poden inscribirse deica o 30 de setembro a través da aplicación telemática do Plan Proxecta, á que se accede desde a web da Consellería no enderezo www.edu.xunta.es/programaseducativos.