O Muncyt segue aberto deica o sábado 14

Últimos días para ir ao Museo da Ciencia antes de que peche un mes para o cambio de exposicións.

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) pechará entre o sábado 14 de setembro e deica o vindeiro 15 de outubro.

Nesta semana de inicio do curso escolar haberá aínda oportunidade para ver a exposición temporal QWERTY. A mostra nace dunha pregunta ben curiosa: de onde ven a estrana disposición das letras nos teclados que usamos en computadores e tabletas? Entre outros, a exposición acolle un exemplar da famosa máquina de cifrado Enigma, que xogou un importante papel na Segunda Guerra Mundial.

Cando volva abrir as portas, o Museo acollerá a mostra ‘Libros Inmortais, instrumentos esenciais’, adicada aos mellores libros da historia da ciencia, a seus autores, ideas e ferramentas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*