Recíclate con Sogama

Deica o 30 de setembro os centros que o desexen poden inscribirse neste programa ambiental.

O obxectivo desta iniciativa é propiciar que a segregación de residuos se incorpore, como un hábito máis, á vida diaria de profesores e alumnos, extrapolándose ao resto da cidadanía e contribuíndo desta forma a alcanzar as vantaxes ambientais e económicas da reciclaxe.

Os centros participantes recibirán, de mans de Sogama, os correspondentes contedores de recollida selectiva para facilitar a separación das distintas fraccións de material contidas no lixo, recibindo en todo momento o asesoramento oportuno por parte da empresa, así como o material didáctico e informativo de apoio. Ademais, a aqueles centros seleccionados que dispoñan de servizo de comedor, tamén se lles subministrará un composteiro para o depósito da materia orgánica xerada, permitíndolles obter un abono natural de alta calidade para ser aplicado nas hortas e xardíns dos recintos escolares.

Enmarcado no Plan Proxecta da Xunta de Galicia, a iniciativa ‘Recíclate con Sogama’ dirixirase a 20 centros de primaria (15 públicos e 5 concertados) que non tiveran participado na edición anterior e que cumpran cos requisitos establecidos.

Máis información na web de Sogama sobre o proxecto Recíclate con Sogama

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*