Deica o 30 de setembro aínda podedes votar pola iniciativa de Amigos da Terra.
O Albergue As Corcerizas representa ao Estado español nun concurso de Hostelling International a nivel mundial, que ten como finalidade a conservación e o respeto polo medio ambiente; o proxecto que máis votos online reciba será o gañador.
Dende Amigos da Terra e a Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) solicitan a colaboración votando polo proxecto de As Corcerizas entrando en www.reaj.com/sostenibilidad.html e seguindo os pasos que se indican. Ademais, REAJ sortea 4 fins de semana gratis en calquera dos seus 264 albergues entre as persoas que apoien a As Corcerizas.
Co premio, Amigos da Terra quere darlle continuidade ao proxecto de soberanía enerxética d’As Corcerizas e a súa divulgación, a través das seguintes accións:
- Instalación dun pequeno muíño eólico
- Monitorización de todas as enerxías alternativas do centro: eólica, solar fotovoltaica e microhidráulica
- Construción de muros radiantes de barro crú como sistema eficiente de calefacción
- Posta en marcha dun programa escolar que permita coñecer e divulgar estas alternativas posibles