15 aniversario da Asociación Arela

O colectivo vigués xestiona 10 centros de menores en Galicia e desenvolve varios programas de sensibilización.

Máis de 6000 adolescentes, pais e nais e profesores e profesoras xa participaron nas actividades do Programa KTORCE18, a través do cal se pretende previr a comisión de delitos en menores de idade. É un dos diversos programas de sensibilización que mantén a asociación Arela, que cumpre agora quince anos traballando en toda Galicia con nenos, nenas, e adolescentes en situación de desprotección familiar e/ou en conflito social.

ARELA conta na actualidade con 10 centros de menores en Galicia, (en Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Allariz, Monforte de Lemos e Ou Barco de Valdeorras). Xestionan tres tipos de centros: 6 Casas de Familia, 2 Centros de Atención de Día Integral e 2 Centros de Execución de Medidas. Máis de 1650 menores e as súas familias beneficiáronse do traballo do colectivo neste tempo. Os menores atendidos nos centros de ARELA veñen derivados polos servizos de menores da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Máis información na web de Arela.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*