Festival Peregrinos Musicais

Terceira edición deste evento onde poderemos ver novos talentos musicais de Galicia e Rusia. En Santiago do 22 ao 27 de setembro.

Unha oportunidade para que os músicos noveis de Galicia poidan traballar conxuntamente con músicos novos procedentes de Rusia e, ao mesmo tempo, reforzar a súa formación ao lado doutros músicos xa consolidados. O Festival Peregrinos Musicais é unha iniciativa promovida pola Asociación Peregrinos Musicales co apoio da Consellería de Cultura e o Concello de Santiago. Como novidade, este ano Vigo e A Estrada súmanse á capital de Galicia como sedes dos concertos.

Un total de sete músicos galegos foron os seleccionados para participar como intérpretes nos sete concertos que conforman o festival. Dende Rusia chegan seis novas promesas do virtuosismo instrumental, así como catro cantantes de ópera. A filla do mítico violonchelista Rostropóvich, Olga Rostropóvich, converterase na convidada de honra nesta edición. Estará presente para presentar e representar o centro de ópera que leva o nome da súa nai, Galina Vishnevskaya. Os seus solistas serán protagonistas da gala lírica que, como novidade, terá lugar o xoves 26 de outubro no Teatro Principal de Santiago.

Máis información na web Peregrinos Musicales

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*