O próximo domingo 29 Adega convócanos outra vez a mollarnos polos ríos.
Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se tamén apoias esta idea, a título persoal ou como entidade, concello, centro de ensino, etc, anímate a participar nunha xornada para deixar libre de lixo as ribeiras dos ríos galegos.
Estímase que o ano pasado este evento conseguiu retirar máis de 10 toneladas de lixo, grazas á participación de medio cento de entidades e un total de 521 voluntarios de 34 concellos en todo o país.
O Proxecto Ríos entregaralle aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.
Toda a información na web do Proxecto Ríos
Tomando nota. Xa que non o fai quen o ten que facer, farémolo os cidadáns pola nosa conta. A mollarse toca!