Cursos de Formación de Voluntariado de Intered

curso-voluntariado-interedO voluntariado como actitude e mirada solidaria ao mundo.

Santiago de Compostela acollerá o programa “O voluntariado como actitude e mirada solidaria ao mundo”, desenvolvido pola ONG Intered.

O curso Taller de formación de voluntariado celebra este ano a súa 17ª edición como un espazo que ten por obxectivo espertar a conciencia e o pensamento crítico ante as realidades do noso mundo e fomentar estilos de vida comprometidos a través da participación social e o voluntariado.

Desde hai máis de 17 anos InteRed ofrécelle formación a persoas interesadas na acción voluntaria a nivel estatal e internacional en Dereitos Humanos, cooperación e Educación para o Desenvolvemento, Interculturalidade, equidade de xénero, e metodoloxías da Educación para o Desenvolvemento como son os xogos cooperativos e as técnicas lúdico teatrais.
A ONG de Desenvolvemento InteRed, entende o voluntariado como un xeito de estar na sociedade, en palabras da responsable de voluntariado da organización, María José Navarro:
“Trátase de persoas que coidan doutras persoas e que perseguen a xustiza desde unha actitude crítica. Son quen poñen no centro da vida a afectividade e son conscientes do seu poder transformador. Persoas que se deixan transformar e que desde a humildade e o exemplo procuran a felicidade de todas as persoas”, expón a responsable de voluntariado da organización, María José Navarro.

  • Santiago de Compostela. Del 19 de octubre al 29 de marzo. Lugar de celebración: Praza do Matadoiro, 7
COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*