Dez razóns polas que deberías aprender outros idiomas

idiomas-poliglotasPor que aprender outro idioma? Unha lista para convencer e para convencerte.

1.Faiche máis intelixente. Estudar outros idiomas estimula o teu cerebro. Os científicos téñeno claro. Aprender novos idiomas é unha excelente ximnasia mental. Incrementarás as túas habilidades memorísticas, a capacidade para relacionar conceptos, etc. O ximnasio ideal para o teu músculo máis importante: o teu cerebro.

2.Vaite facer máis capaz de aprender calquera outra cousa. E é que calquera proceso de aprendizaxe baséase en catro habilidades fundamentais: escoitar, ler, falar e escribir, e aprendendo outro idioma mellorarás en todas elas.

3.Falando de ximnasia mental. Outro dato científico que avala as vantaxes fronte aos monolingües: estudar idiomas fai que o teu cerebro funcione a pleno rendemento ata idades máis avanzadas.

4.Estudar outros idiomas é unha forma excelente de enriquecer as túas habilidades comunicativas no teu propio idioma materno. Seguro que serás máis locuaz e áxil na exposición das túas reflexións cando sexas capaz de manexarte en máis dun idioma.

5.Interésache o ‘vil metal’? Debes saber que existe un estudo que calculou que, como media, aqueles que falan máis dun idioma gañan na súa actividade laboral ao redor dun dez por cento máis.

6.Inglés? Si, pero non só, tres de cada catro cidadáns do planeta non falan inglés, seguro que che apetece coñecer algunha outra lingua.

7.Vaite facer gozar máis como viaxeiro. A túa capacidade de inmersión nunha cultura será moito maior. Poderás descubrir máis eficazmente eses pequenos detalles deses novos lugares que visitas e vaiche axudar a coñecer xente nova. Non serás un simple turista, sentiraste máis cómodo fóra da casa.

8.Un novo idioma faite mellor viaxeiro? pero, baixo certas circunstancias, quizais che interese explorar oportunidades laborais nese novo lugar. O idioma extra no teu disco duro cerebral incrementa a túa empregabilidade.

9.Terás acceso a novas experiencias, novas persoas e amizades, novas anécdotas e intereses, medrarás como persoa, serás un individuo máis interesante.

10.Sabes, ademais, aprender idiomas é… moi divertido!

Dixemos dez? Pois aquí temos un par de razóns extra:

11.Onde queira que esteas, podes estar seguro de que se sabes outros idiomas serás máis hábil á hora de pedir unha “relaxing cup of coffe”

12.Apetécenos citar a Nelson Mandela: “Se lle falas a unha persoa nun idioma que comprende, a mensaxe chégalle á súa cabeza, pero se lle falas na súa lingua materna, a mensaxe chégalle ao seu corazón”

2 COMENTARIOS

Deixa una resposta a Santos Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*