Restaurantes unen esforzos contra a desnutrición infantil

restaurantes-contra-el-hambreMedio milleiro de establecementos únense á campaña de Acción contra el Hambre.

A campaña, que durará do 15 de setembro ao 15 de novembro, dará a posibilidade de converter unha comida ou unha cea nun acto solidario: basta con elixir o prato ou menú solidario entre a carta dos restaurantes adheridos na campaña. É a cuarta edición da iniciativa titulada Restaurantes contra o Fame, co obxectivo de conseguir fondos para loitar contra a desnutrición infantil.

“Nun mundo no que hai alimentos para todos, que os nenos morran por desnutrición paréceme unha aberración total. Por iso hai que darlle valor ás cousas comúns como a auga potable, a roupa, os tomates… Por pouquiño que compartamos, sempre é moito”, afirmou o chef do restaurante Coque e padriño da campaña, Mario Sandoval, durante o acto de presentación.

Como participar na campaña
A participación é sinxela. Os restaurantes só teñen que inscribirse na web (www.restaurantescontraelhambre.org) e elixir un menú ou prato solidario, do que destinarán entre 0,50 e 2 euros á ONG. Pola súa banda, os clientes cando vaian a calquera dos restaurantes participantes, só teñen que preguntar polo menú ou prato solidario. Ademais, sen necesidade de saír de casa, con só un SMS coa palabra HAMBRE enviado ao 28010 tamén se estará colaborando coa organización. Todo o diñeiro conseguido con esta campaña irá destinado á prevención, diagnóstico e tratamento da desnutrición infantil nos países máis pobres do mundo.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*