Axouxereando noutros 24 concellos

axouxeres-portadaHortensia, Telmo, Arabela… os Encontros dos Axóuxeres presentan a súa nova xira.

O descubrimento do mundo partindo da familia e do propio fogar é a temática do programa de dinamización lingüística Os Axóuxeres para a súa andaina desde este outono. Os Encontros dos Axóuxeres 2013 xogan coa sorpresa e coa curiosidade infantil por saber o que hai dentro dunha casa. Os protagonistas do espectáculo viven nunha construción illada que, pouco a pouco, se vai vendo rodeada por novas casas con cadanseu veciño: Hortensia, a florista, en cuxo fogar recende moi ben; Telmo, o equilibrista; Arabela, a cantante de ópera; O señor Antón, un vello mariñeiro… e Rita, a gata de Marcelina, que vén de visita á hora da merenda.

Os Encontros dos Axóuxeres chegarán este outono a 24 concellos pertencentes á RDL: Ourense, Santa Comba, Arteixo, A Coruña, Ames, Burela, Viveiro, Ferrol, Xinzo de Limia, Verín, O Pereiro de Aguiar, Moaña, Redondela, Teo, Ribeira, Vilalba, Mos, O Porriño, Pontedeume, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Silleda, A Estrada e Santiago de Compostela.

A capacidade de cada espectáculo está limitada a 50 nenos con cadanseu acompañante adulto. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse previamente, de luns a venres e en horario de 10.00h a 14.00 h, no teléfono 610 641 570. Admitiranse reservas dende unha semana antes de cada sesión.

CALENDARIO
Setembro:
28/09/2013: Ourense. No Auditorio ás 18:30 h
29/09/2013: Santa Comba. Na Casa da Cultura ás 18:30 h
  
Outubro:

06/10/2013: Arteixo. No Centro Social do Froxel ás 18:00 h
07/10/2013: A Coruña. No Ágora ás 12:30 h
12/10/2013: Ames. Na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 18:30 h
13/10/2013: Burela. Na Casa da Cultura ás 12:00 h
13/10/2013: Viveiro. No Teatro Pastor Díaz ás 18:30 h
19/10/2013: Ferrol. No Salón Usos Múltiples do Pavillón da Malata ás 18:00 h
20/10/2013: Xinzo de Limia. No Museo do Entroido ás 12:00 h
20/10/2013: Verín. Na Sala de Actividades da Piscina Cuberta ás 18:30 h
  
Novembro:
01/11/2013: O Pereiro de Aguiar. No Salón de Plenos ás 12:30 h
03/11/2013: Moaña. No Centro Sociocultural Daniel Castelao ás 12:00 h
03/11/2013: Redondela. No Multiúsos a Xunqueira ás 18:30 h
09/11/2013: Teo. No Centro Sociocultural a Ramallosa ás 18:30 h
10/11/2013: Ribeira. No Auditorio Municipal ás 18:30 h
16/11/2013: Vilalba. No Centro Cultural Recreativo ás 18:30 h
17/11/2013: Mos. No Multiúsos das Pozas ás 12:00 h
17/11/2013: O Porriño. No Círculo Cultural e Recrativo ás 18:30 h
30/11/2013: Pontedeume. Na Casa da Cultura ás 18:30 h
  
Decembro:
01/12/2013: O Grove. Na Casa da Cultura Manuel Lueiro ás 12:00 h
01/12/2013: Vilagarcía de Arousa. No Auditorio ás 18:30 h
06/12/2013: Silleda. Na Casa da Xuventude ás 12:30 h
07/12/2013: A Estrada. No Teatro Principal ás 12:00 h
07/12/2013: Santiago de Compostela. En Zona C ás 18:30 h

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*