Ciclo de concertos do Taller Atlántico Contemporáneo

taller-atlantico-contemporaneoTAC 3.0 é un novidoso ciclo de concertos en liña para o que se abriu prazo de inscrición.

TAC 3.0 é un ciclo de cinco Concertos en streaming dende o Teatro Principal de Santiago. A iniciativa está dirixida a concellos, escolas, asociacións, conservatorios, etc. De xeito complementario, haberá sesións didácticas para o achegamento da mocidade á música. O prazo de inscrición abriuse este 1 de outubro e os concertos vanse celebrar, un por mes, entre os meses de xaneiro e maio de 2014. De

Os concertos farán repaso dalgúns dos momentos máis importantes da música clásica actual. Stravinski, Crumb, Berio… cun formato no que os músicos do TAC interactuarán con personalidades da escea teatral e musical galega como Carlos Blanco, Quico Cadaval e Julián Hernandez.

OS CONCERTOS:

1.IGOR STRAVINSKY/ C. F. RAMUZ, A Historia do       Soldado 
   Obra lida e tocada, en dúas partes. Un dos clásicos da música                 clásica moderna.

2.FERNANDO BUIDE, Movemento para septeto 
    LUCIANO BERIO, Folksongs
Viaxe musical polas músicas do mundo.

3. TOM JOHNSON, A Ópera de Catro notas 
Ópera cómica, con posta en escea de Quico Cadaval.

4.XACOBE GASPAR, Ámbar
     G: CRUMB, Vox Baelenae 
    JOHANN STRAUSS / ARNOLD SCHÖNBERG,
         Kaiser-Walzer op. 437
Vangardas musicais e valses vieneses.

5. POP RE-VISITED (Siniestro Total, Bob Dylan, Elvis)
Javier López de Guereña, Visita Turística a”The Land of Opportunity”
John  Corigliano, Mr. Tambourine Man: 7 Poems of Bob Dylan
Michael Daugherty, Dead Elvis
Visións musicais do Pop e o Rock.

Toda a información na web www.tactrespuntocero.net

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*