Guías ‘Navega con rumbo ‘

navega-con-rumboEsténdese o programa divulgativo contra o ciberacoso.

O programa Navegaconrumbo.es mantén na rede as súas guías para nais e pais, alumnado e profesorado. Trátase de manuais de boas prácticas elaborados polo Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos (CPEIG), nunha web que incorpora tamén xogos e ligazóns de interese con recomendacións para o uso de internet con seguridade.

O CPEIG e a consellería de Educación veñen de acordar a posta en marcha de 220 novas accións divulgativas en centros educativos ao abeiro deste programa. Desde a súa posta en marcha e ata esta cuarta edición, ‘Navega con Rumbo’ promoveu cerca de medio milleiro de sesións informativas destinadas á transmisión de recomendacións e boas condutas para unha navegación segura da rede de redes.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*