San Froilán Miúdo

san-froilan-miudoA festa grande de Lugo programa como cada ano un feixe de actividades para a cativería.

O San Froilán 2013 preséntase con 150 actividades para diversas idades e gustos entre o 4 e 12 de outubro. E un ano máis e nos xardíns da Deputación de Lugo, vaise celebrar o San Froilán Miúdo. Serán 16 actividades diferentes para nenos e nenas todos os días en horario de tarde. Por primeira vez, tamén se inclúen actividades para bebés dentro deste programa do San Froilán Miúdo.

Outra das actividades destacadas, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, é unha clase interactiva de cociña para nenos e nenas aos que se lles ensinará a diferenza entre alimentos e como cociñalos ademais da importancia de ter unha dieta saudable. Esta terá lugar o mércores 9 de outubro dende as 17.00 horas.

Máis información e programa completo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*