O Aquarium Finisterrae desafía os escolares a decorar unha vaca con motivos relacionados coa acuicultura.
O deseño do escolar gañador servirá para pintar unha escultura a tamaño real dunha vaca que formará parte da nova exposición do Aquarium Finisterrae sobre acuicultura.
Por que unha vaca?
De xeito similar a como ocorreu no Neolítico, cando o desenvolvemento da agricultura e a gandaría constituíu unha revolución, nos nosos tempos a acuicultura representa outra revolución dos cultivos, neste caso mariños.
Así, a vaca, un dos primeiros animais que se domesticaron naquela época antiga, terían o seu equivalente actual nos peixes e demais especies do mar obxecto da acuicultura.
Por iso os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso de participación escolar, co obxectivo de atopar un símbolo da revolución da acuicultura, que se incorporará ás súas salas de exposicións.
Só se poderá enviar un deseño por participante.
O prazo de participación remata o 31 de outubro de 2013