‘Touporroutou da lúa e do sol’, de Vidal Bolaño

touporroutouTeatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego este espectáculo para o púiblico infantil, de estrea estes días no Salón Teatro, en Santiago.

Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, esta nova versión do texto que moitos especialistas na obra de Vidal Bolaño consideran como o de máis alta calidade escénica de todos os que escribiu para o público infantil.

Touporroutou da lúa e do sol preséntase como unha “farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa” na que catro titiriteiros axúdanse dos máis diversos elementos para contar historias sobre a orixe destes astros, dos días e das noites, do diluvio universal e sobre como acertar cos tesouros e tratar os mouros, as fadas e, sobre todo, as serpes e os xigantes que os gardan.

Dirixe Eduardo Alonso e protagonizan Alejandro Carro, Fernando González, Laura Míguez e Victoria Pérez.

Calendario e Caderno Pedagóxico

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*